Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CONVOCATORIA DE PROXECTOS PILOTO DE INNOVACIÓN DOCENTE EN FACULTADES E ESCOLAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO 2025

Información xeral

21-06-2025 ata: 10-07-2025

A sociedade actual é complexa, diversa, global e con cambios tecnolóxicos que modifican todas as áreas da vida humana.
Para afrontar estes retos a Universidade de Vigo quere promover actuacións de innovación docente a nivel tecnolóxico e metodolóxico nas facultades e escolas para conseguir mellorar a súa calidade docente e que o seu alumnado estea máis preparado e adaptarse mellor aos diferentes eidos da situación actual.
A Xunta de Galicia no seu convenio de I+D+i fomenta a promoción de experiencias piloto en centros docentes innovadores e servizos de virtualización de laboratorios cun financiamento de 50.000 € para as devanditas actividades.

Ir á convocatoria