Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sesión presencial no CiMUS (USC): Biotech Tools in Chemistry and Pharma: From Publications to Predicted Data
Biblioteca
21-06-2025 ata: 26-06-2025O vindeiro mércores 25 de xuño terá lugar a xornada presencial Biotech Tools in Chemistry and Pharma: From Publications to Predicted Data, organizada por Bioga, Chemical Abstracts Services (CAS) e American Chemical Society (ACS) no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela.
A sesión está dirixida a empresas biotecnolóxicas, investigadoras e investigadores, profesionais do sector da saúde, e todo o ecosistema interesado na transferencia de coñecemento e o uso de tecnoloxías científicas avanzadas para acelerar a innovación.
Data: 25 de xuño
Hora: 10:30 a 12:00
Lugar: CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC)
Enderezo: Av. Barcelona, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela
Información e inscrición: https://www.eventbrite.es/e/biotech-tools-in-chemistry-and-pharma-from-publications-to-predicted-data-tickets-1412196249999?aff=oddtdtcreator
O aforo máximo é de 80 persoas e a participación realizarase por orde de inscrición.