Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xestión dos contratos de estudos en programas de mobilidade

Internacionalización

13-06-2025 ata: 01-06-2026

Onte publicouse a Instrución sobre a xestión dos contratos de estudos do estudantado participante en programas de mobilidade internacional (Erasmus+, GE4, ISEP, Bolsas propias e Libre mobilidade) durante o curso 2025-26.

Esta instrución ten por finalidade regular a creación, elaboración, aprobación e seguimento dos contratos de estudos do estudantado que participa nalgún destes programas de mobilidade internacional, e explica as actuacións que corresponde realizar á ORI, ao propio estudantado, ás persoas responsables das relacións internacionais do centro e ás áreas académicas neste procedemento.