Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Anteproxecto Estatutos da Universidade de Vigo - Trámite de audiencia e información pública
Información xeral
10-06-2025De acordo co regulamento de réxime interno do Claustro Universitario publícase o anteproxecto dos estatutos da Universidade de Vigo para exposición pública.
O anteproxecto de Estatutos foi redactado pola Comisión de Estatutos, elixida a estes efectos polo Claustro. O texto foi consensuado, existindo unicamente alternativas en dous artigos do anteproxecto, que aparecen marcados en vermello.
Co fin de recoller as aportacións de toda a comunidade universitario, establécese un prazo de un mes para o envío de alegacións, que poderá consistir na supresión, modificación ou inclusión de artigos e, neste último caso, deberá propoñerse un texto alternativo, que virá acompañado da argumentación en que se fundamente para debater na comisión.
Tódalas alegacións que se presenten deben vir asinadas por 10 claustrais ou por 25 membros da comunidade universitaria.
Consulta do anteproxecto: | Secretaría Online Universidade de Vigo
Prazo de presentación de alegacións: ata o 10 de xullo de 2025
Presentación de alegacións a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (SXER - Instancia xenérica) e dirixido á Presidencia da Mesa do Claustro (Reitor):