Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Formación en liña Web of Science: Explora, analiza e mantente por diante (16 de xuño)

Biblioteca

11-06-2025 ata: 17-06-2025

O vindeiro 16 de xuño terá lugar un seminario en liña organizado por Clarivate dirixido a usuarias/os de Web of Science: “Explora, analiza e mantente por diante: mapeando o panorama de investigación arredor do seu topic. Será impartido por Gabriela Balladares, de Clarivate, que dará claves para manterse actualizada/o nos diferentes campos de investigación.

Data: 16 de xuño
Hora: 14:00 a 15:00 h
Idioma: castelán

Contido:

  • Como navegar pola investigación internacional en temas innovadores
  • Como manterse ao día dos últimos descubrimentos
  • Onde e como atopar artigos, revistas e líderes de opinión clave
  • Como utilizar ferramentas analíticas para comprender o panorama da investigación, as colaboracións público-privadas e as actividades de financiación
  • Como almacenar e visualizar os resultados

Inscrición

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo