Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

OPI_convocatoria Agenda 2030 para o desenvolvemento sostible

Información ao PDI

02-06-2025 ata: 02-06-2027

Prezado PDI:

Informámoslle desde a Oficina de Proxectos Internacionais- Área de educación da publicación da nova Convocatoria 2025 de subvencións para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible en España.

A convocatoria completa pode consultarse na web do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030: https://www.dsca.gob.es/es/agenda-2030/subvenciones
(extracto BOE 30 de maio de 2025: https://www.boe.es/boe/dias/2025/05/30/pdfs/BOE-B-2025-19844.pdf)

As universidades figuran entre as entidades elixibles e contan cun crédito específico reservado de ata 1.500.000 euros. Esta contía total máxima destinarase a proxectos cunha contía solicitada igual ou superior a 25.000 euros, e inferior ou igual a 300.000 euros. O prazo máximo para executar cada proxecto será dun ano desde o día seguinte ao da publicación da Resolución de Concesión na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Dado que cada universidade poderá presentar unha única proposta, establécese un proceso interno de preselección na Universidade de Vigo.

Tendo en conta que o prazo de peche de presentación de solicitudes fixado pola AECID é o 30 de xuño de 2025, e para poder realizar unha selección preliminar na UVigo, o PDI interesado nesta convocatoria deberá manifestar de forma expresa o seu interese en concorrer á mencionada convocatoria antes das 14.00h do día 11 de xuño de 2025, enviando ao correo electrónico da Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Proxectos Internacionais de Educación: opi.edu1@uvigo.es a seguinte información:

O proceso de selección será realizado pola Comisión de Investigación da UVigo tendo en conta os criterios de avaliación establecidos na convocatoria na sección novena Criterios de valoración das solicitudes (artigo 6 da Orde DSA/921/2021 de 1 de setembro).

Seleccionada a proposta que a UVigo presentaría a esta convocatoria da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, informaremos ao PDI coordinador do proxecto seleccionado para que continúe coa elaboración da súa proposta co apoio do persoal da Área de Proxectos Internacionais de Educación da OPI.

Quedamos a súa disposición para calquera dúbida.

Un saúdo moi cordial,
Eva Garea Oya

Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación
Oficina de Proxectos Internacionais
Universidade de Vigo