Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Interese en asistir de balde ao Foro ALZA VOZ de liderado feminino do rural (Vimianzo, 6 e 7 de xuño)
Área de Emprego e Emprendemento
06-06-2025 ata: 07-06-2025Estimado membro da comunidade universitaria.
Queres reflexionar, aprender, inspirarte e impulsar novas formas de liderar, emprender e desenvolver as traxectorias profesionais das mulleres?
Se a túa resposta é si ou queres coñecer máis sobre que pode ser isto, cubre o formulario que atoparás aquí (aberto ata as 23:59 h. do 3 de xuño).
Se logramos xuntar a un mínimo de 30 persoas da Uvigo que compartan este interese, a organización do evento asumirá os custes da inscrición e porá un autobús para asistir a cada un dos días nos que se desenvolve o Foro.
Alza Voz de Muller é moito máis que un foro. É unha experiencia transformadora creada para mulleres que queren liderar as súas vidas profesionais e persoais con máis liberdade e máis oportunidades.
Un espazo para poñer no centro as preguntas que importan:
- Que liderado queremos exercer?
- Que límites e mandatos seguimos cargando?
- Como construimos redes que nos impulsen e non nos esgoten?
- Como falamos de éxito, de poder, de diñeiro sen medo, culpa e vergoña?
- Como nos recoñecemos como mulleres capaces, ambiciosas e valiosas?
O foro terá lugar en Vimianzo os días 6 e 7 de Xuño de 2025. No Programa poderás consultar o horario (venres pola tarde e sábado desde a mañá e ata as 19.00 h.).
Unha vez rematado o prazo para cubrir este formulario, se os informará se finalmente a participación será de balde e se se conta cun autobús.
Moitas grazas polo voso interese.
ÁREA DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO