Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Convocatoria premios extraordinarios doutoramento 2024-2025
Concursos e Premios
01-06-2025 ata: 12-09-2025Bo día,
Hoxe publicamos no taboleiro electrónico da Uvigo e na páxina web da EIDO a Convocatoria de Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondente ao curso académico 2024-25.
Os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Ter defendido a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 1 de setembro 2024 e o
31 de xullo de 2025.
2. Que a tese de doutoramento acadase a mención “Cum Laude”.
3. Ter presentado no prazo establecido a documentación referida na sección 3 “Presentación
formal de candidaturas”.
Pódese consultar a convocatoria na seguinte ligazón:
Premios extraordinarios doutoramento 2024-2025
Atentamente,
- eido@uvigo.gal
- +34 986 813 442