Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Convocatoria Xunta de Galicia proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior 2025
Información ao PDI
21-05-2025 ata: 21-05-2027Prezado PDI:
Achegamos desde a Oficina de Proxectos Internacionais información sobre a nova convocatoria 2025 da Xunta de Galicia de Subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, (procedemento PR803D), publicada no DOG Núm. 95 do día 20 de maio de 2025.
As bases, guías e formularios da convocatoria están dispoñibles nestas ligazóns:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250520/AnuncioG0759-080525-0001_gl.html
https://cooperacion.xunta.gal/gl/convocatorias/proxectos-no-exterior-2025
Os proxectos deberán estar vinculados de xeito directo á realización das prioridades transversais, segundo o establecido no V Plan director da cooperación galega 2023-2026. A Xunta de Galicia financiará ata un 95 % do orzamento total do proxecto, se ben a subvención concedida non superará en ningún caso os 185.000 euros para proxectos plurianuais. Para proxectos cuxa execución estea limitada ao ano 2025, o importe máximo da subvención será de 60.000 euros. Nos proxectos presentados por unha agrupación de entidades, a subvención concedida non excederá o límite de 240.000 euros. Para proxectos cuxa execución estea limitada ao ano 2025, o importe máximo da subvención será de 100.000 euros.
Nesta convocatoria é posible presentar un máximo de 2 proxectos por departamento (por universidade), polo que o persoal docente e investigador interesado en concorrer a dita convocatoria deberá achegar a súa manifestación de interese ao seguinte e-mail: opi.edu1@uvigo.es, antes do día 4 de xuño ás 14.00 horas, enviando: nome da persoa que coordinará o proxecto, CV abreviado do/a coordinador/a, título do proxecto, país no que se executarán as actividades, así como nome e apelidos do profesorado da UVigo implicado e os seus departamentos de adscrición.
A OPI-área educativa procederá a confirmar a viabilidade das peticións recibidas de non existir mais de dous proxectos por cada departamento. No caso de recibir mais de dous proxectos vinculados a un mesmo departamento, solicitarase mais información sobre o contido das propostas para proceder a súa selección.
O prazo para enviar a solicitude completa e os anexos á OPI, opi.edu1@uvigo.es, realizarase antes do día 16 de xuño ás 14:00 horas.
Agardamos que esta información sexa do seu interese.
Un saúdo moi cordial,
Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Universidade de Vigo
- opi@uvigo.gal
- +34 986 130 287