Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria para propostas de microcredenciais universitarias-Plan Microcreds

Información ao PDI

15-05-2025 ata: 31-10-2025

A Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente, a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP), realiza a seguinte convocatoria de axudas para financiar a produción e a impartición de microcredenciais universitarias (MCDU) destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora da empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos. A convocatoria está financiada pola subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades da Coruña, Santiago de
Compostela e Vigo para o desenvolvemento e a execución de microcredenciais, do 2 de maio de 2025.

Convocatoria publicada no taboleiro da sede

Información na web do CPFP