Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornadas de formación en liña Web of Science (20-22 de maio 2025)

Biblioteca

14-05-2025 ata: 23-05-2025

Do 20 ao 22 de maio de 2025 terán lugar tres novas xornadas de formación en liña sobre Web of Science, organizadas pola FECYT en colaboración con Clarivate. Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

  • Martes, 20 de maio. Interpretar os indicadores de citas de Journal Citation Reports (nivel básico)
    • Journal Impact Factor (JIF) non é unha métrica normalizada
    • Journal Citation Indicator (JCI) é unha métrica normalizada
    • Comprender os percentís, os cuartís e outras métricas

Sesión de 14:00-15:00h. Inscrición

  • Mércores, 21 de maio. O Currículo Vítae Normalizado (CVN) de FECYT (nivel avanzado)
    CVN facilita a presentación do currículo vítae dunha forma unificada nas convocatorias de axudas públicas do Plan Estatal e autonómicas.
    • Presentación do CVN (a cargo de Aurelia Andrés de FECYT)
    • Servizos de apoio á investigación baseados en CVN (presentado por Aurelia Andrés)
    • Opcións de exportación desde Web of Science (presentado por Anne Delgado)

Sesión de 14:00-15:00h. Inscrición

  • Xoves, 22 de maio. Ler o perfil dunha revista en Journal Citation Reports (nivel avanzado)
    • Navegar por categorías, editoriais ou países
    • Explorar toda a información do perfil dunha revista
    • Gardar favoritos e/o exportar

Sesión de 14:00-15:00h. Inscrición

Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/i-ciclo-de-formacion-online-web-science-enero-junio-de-2025-jornadas-de-mayo-2025
 
Para calquera dúbida diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo