Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bo día:
Hoxe publícanse, no taboleiro electrónico, as resolucións polas que se amplía o prazo establecido de resolución do proceso selectivo de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo.
As escalas e subescalas obxecto de ampliación son:
- Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, subescala biblioteca.
- Escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, subescala informática.
- Escala técnica especialista de servizos xerais, subescala conserxería.
- consultapas@uvigo.gal
- +34 986 813 762