Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Todos os días 9 de cada mes, ás 9.00 horas, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, dedicará unha hora a responder as preguntas dos membros da comunidade universitaria.
As persoas que lle queiran formular algunha cuestión en directo ao reitor, sobre calquera asunto do ámbito universitario, ou simplemente seguir o chat, poderán facelo na sala «O 9 ás 9» de Campus Remoto logo de autenticarse.
A comunidade tamén lle poderá enviar as súas preguntas por correo ao enderezo 99@uvigo.gal. Unha alumna da Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra encargarase de formularlle ao reitor as cuestións recibidas a través deste medio no transcurso da emisión.
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222