Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

TEATRO XXVII MITEU VIGO: Mércores 7 e xoves 8 de maio de 2025

Información cultural

07-05-2025 ata: 08-05-2025

Ola, bo día:

Esta semana, sesión dobre de teatro: anímate a acompañarnos e gozar coas representacións!!!!

 

O mércores 7 e o xoves 8 de maio,  continuamos cosas representacións da  XXVII MITEU DE VIGO.

 

Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2025.pdf

Organiza: Extensión Universitaria

 

Teatro: XXVII MITEU VIGO: mércores, 7 de maio de 2025

Ludovico 2.5. (Dramaturxia de Fernando Dacosta. Inspirada libremente en A laranxa mecánica, de Anthony Burguess)

Aula de teatro do campus de Ourense. Grupo Maricastaña 2025. Galicia

 

          Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo

          Data : mércores, 07/05/2025

          Hora: 18.30

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

 

Unha sátira social e unha proposta ao redor da violencia. Como mesturar sociopatía con ironía, psicopatía con humor negro, reflexión

con diversión ou o punki con Beethoven. Ese é o camiño que temos que percorrer. A poética que debemos atopar. Unha obra controvertida

e arriscada que trataremos de levar a escena coa perspectiva que dá traballala 63 anos despois da súa publicación.

Unha sociedade narcotizada, múltiples impedimentos para que a xuventude se sinta realizada. As drogas, o sexo e a violencia como saída.

Unha violencia que vai pasando da sociedade ao individuo e que o individuo se encarga de descargar novamente na sociedade.

Haberá poesía máis aló da violencia? Será posible volver escoitar a Ludwig e ser felices?

 

ELENCO

Lola Fernández, Diego Galdo, Nuria Saco, Iria Losada, Olga Suárez, Irene Pérez, Marisol Amoeiro, Carmen Blanco, Vicki Reinoso, Silvia Cortón, Iván Iglesias,  Miguel Estévez/Héctor Martínez, Nerea Rodríguez, Adrián Castro

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Iluminación, atrezzo e técnicos en xira: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño

Vestiario e complementos: Tegra e Lele

Cartel e programa: Pablo Otero

Música: Renata Codda Fons

Auxiliar de dirección: Chelo Cortiñas

Dramaturxia, escenografía e dirección: Fernando Dacosta

Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/27-miteu-vigo-ludovico-25

 

Teatro: XXVII MITEU VIGO: xoves, 8 de maio de 2025

 

Luchadoras Carla Novi. México.

 

          Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo

          Data : xoves, 08/05/2025

          Hora: 18.30

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

 

Ata onde estamos dispostos a chegar na nosa loita por conseguir o que queremos?

Mara é unha loitadora mexicana que durante anos non puido avanzar na súa profesión porque nunca cumpre as regras sexualizadas da loita feminina.

Un día, o seu promotor ofrécelle un trato que promete un salto profesional. Pero todo ten un prezo e Mara vese enredada nun conflito que a empuxa a levar a súa loita ao extremo.

Luchadoras é un drama social sobre a situación das mulleres na sociedade mexicana e a violencia á que se enfrontan no seu día a día, contado a través do colorido mundo da loita libre mexicana

 

ELENCO

Carla Novi

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Texto e dirección: Carla Novi

Voces en off: Patrick Fernández, Beatriz Camarena, Victor García e Roberto Medel

Música: Roberto Herrera, Elera Costa, APA Music e Panda Music/Pond 5

Deseño do cartel: Susana Sánchez

Técnica: Karla Monsalve

Vestiario: Demetrio García e Carla Novi

Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/27-miteu-vigo-luchadoras

 

Reserva as datas e comparte!!!!!!