Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Solicitudes de libros: prazo preferente ata o 31 de maio
Biblioteca
05-05-2025 ata: 31-05-2025Bo día,
Lembrámoslles que o 31 de maio remata o prazo para ter comprometido ou gastado o 50% da asignación destinada á compra de libros con cargo ao orzamento da biblioteca.
Desde a Sección de Adquisicións solicitámoslles que:
- Remitan a maior parte das solicitudes antes desa data.
- Tramiten con antelación os pedidos con cargo a fondos alleos (proxectos de investigación, programas de doutoramento, etc.).
Os formularios de solicitude están dispoñibles nesta ligazón: https://adquisicions.intranetdabiblio.es/
Grazas pola súa colaboración,
Biblioteca Universitaria – Sección de Adquisicións
xsadqui@uvigo.gal
986 813846