Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
TEATRO XXVII MITEU VIGO: xoves 24 de abril de 2025
Información cultural
24-04-2025 ata: 24-04-2025Ola, boa tarde:
O xoves 24 de abril, continuamos cosas representacións da XXVII MITEU DE VIGO.
Teatro: XXVII MITEU VIGO: xoves, 24 de abril de 2025
Saxo tenor. (de Roberto Vidal Bolaño) Aula de teatro do campus de Pontevedra. Galicia
Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo
Data : xoves, 24/04/2025
Hora: 18.30
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
A historia comeza cun morto: un mozo falecido de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento, senón dous anos despois,
cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cunha escena retrospectiva (flashback):
alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia, que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa.
Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas.
O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día.
ELENCO
Fons De Groot, Carolina Rufián, Celeste Cortés, Isabella Moreno, Mabel Fernández, María Otero, Mayka Freire, Miriam Rodríguez, Ramón Pastoriza, Shiloh Shakina, Suso Riveiro, Uxía Couso, Xaime Reboiras e Xulio Mera
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Escenografía: Pablo Giráldez Río «O Pastor»
Vestiario: Sonia Rúa
Fotografía e cartel: Diego Seixo
Música: Xaime Reboiras
Codirección: Omar Ferrín
Iluminación e dirección: Salvador del Río
Organiza: Extensión Universitaria
Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/27-miteu-vigo-saxo-tenor
Toda a programación da MITEU: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/nocampus/cultura/teatro/Miteu_Vigo_2025.pdf
Reserva a data e comparte!!!!!!
Saúdos
- cartel Pontevedra [555.02 Kbytes]
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626