Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Descontos en cursos de italiano grazas ao convenio coa Società Dante Alighieri

Internacionalización

22-04-2025 ata: 20-06-2025

Prezada comunidade universitaria:

Grazas ao convenio asinado coa Società Dante Alighieri, informámosvos de que o estudantado, o PDI e o PTXAS poderán beneficiarse de descontos especiais para a realización de cursos de lingua italiana.

Estes cursos son recomendables para:

  • Estudantes que vaian realizar unha mobilidade Erasmus en Italia.
  • Persoal docente con vínculos académicos ou colaboracións con universidades italianas.
  • PTXAS interesado en realizar estadías ou mobilidades profesionais en Italia.

CURSO DE INICIACIÓN AO ITALIANO
Do 7 ao 30 de xullo
30 horas lectivas: 10 sesións de 3 horas
Luns, mércores e venres de 10:00 a 13:00
Rúa Santiago, 15 – Vigo (zona Paseo de Alfonso)

Prezos especiais segundo número de participantes:

  • Mínimo 4 persoas: 200 €
  • Entre 5 e 10 persoas: 180 €

Prazo de matrícula aberto ata o venres 20 de xuño.

Datos de contacto en:

Para máis información ou para inscribirte, podes contactar directamente coa Società Dante.

Ver cartel en adxunto