Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
IX CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE VIGO - GALICIA"
Información cultural
22-04-2025 ata: 22-04-2025
Ola, bo día
Ofrécennos 50 entradas de balde para a Gran Final do IX CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE VIGO - GALICIA".
As persoas interesadas, que pertenzan aos colectivos que se indican a continuación, poderán solicitalar o seu convite para o concerto:
- Comunidade universitaria (alumnado, PTXAS e PDI).
- Comunidade alumni.
- Persoas xubiladas pola Uvigo.
Gran final:
- Data: 22 de abril ás 17:00 h.
- Lugar: Teatro Afundación (r/ Policarpo Sanz, 13 – Vigo)
AS INSCRICIÓNS REALIZARANSE NA WEB: (Campus activo- campus todos-cultura- música e danza)
https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4914
A aplicación non xerará ningún documento, xa que dende Extensión Universitaria enviaremos á organización o listado das persoas inscritas.
Cada persoa que se inscriba terá dereito a un único acceso e dirixirase directamente á entrada do Teatro, onde disporán do listado de persoas inscritas da Universidade de Vigo.
Dadas as datas, se alguén ten algún tipo de incidencia coa inscrición, envíen un correo a extension@uvigo.gal
Saúdos
- cartel gran final [5387.76 Kbytes]
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626