Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Novo Servizo de Recursos Humanos de Investigación

Información xeral

11-04-2025

Dende o 1 de abril está operativo o novo Servizo de Recursos Humanos de Investigación no que se unifican as funcións de selección, contratación e xestión do persoal de investigación. 

Para poñerse en contacto co persoal do Servizo pode consultarse o directorio de PTXAS na web da Universidade de Vigo.