Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo tribunais praza profesorado axudante doutor e Maria Goyri

Información ao PDI

09-04-2025 ata: 09-04-2025

Estimado profesorado,

Comunicamos que na COAP do xoves 10 de abril terá lugar o sorteo público dos tribunais das prazas seguintes:

  • Tribunal pendente da praza de axudante doutor de 2025 pertencente ao contrato-programa
  • Tribunal das prazas pertencentes ao programa María Goyri a convocar no 2025

Poderá seguirse o sorteo a partires das 10.30 h a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116

No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” coa seguinte: 1KxVHD. Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e seguiranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando a presidenta así o solicite, unicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada persoa.

Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.