Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Gravación da sesión en liña JoVE: como crear clases atractivas usando vídeos? (2/4/25)
Biblioteca
04-04-2025 ata: 31-07-2025O pasado martes 2 de abril tivemos ocasión de asistir a dúas sesións en liña co mesmo contido organizadas por JoVE (Journal of Visualized Experiments), co título "Como crear clases atractivas usando vídeos?".
JoVE é unha plataforma de vídeos científicos subscrita pola Biblioteca da Universidade de Vigo, que contén vídeos de diferentes ámbitos temáticos dirixidos á docencia e ao traballo no laboratorio, e ofrece moitas funcionalidades como incrustar eses vídeos nos cursos de Moovi, configurar e compartir listas de reprodución, elaborar cuestionarios relacionados cos vídeos etc.
As gravacións das dúas sesións (co mesmo contido) que se impartiron onte son:
JoVE & UVIGO: Como Crear Clases Atractivas Usando Vídeos? – Mañá
JoVE & UVIGO: Como Crear Clases Atractivas Usando Vídeos? – Tarde
Contidos:
- Onde atopar os vídeos que nos interesan en JoVE
- Como compartir os vídeos na nosa aula virtual para que o alumnado acceda sen problemas desde calquera lugar
- Como pedir listas de reprodución relacionadas coas nosas materias para facilitarnos a súa procura
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Teléfono 986 813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo