Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo tribunais prazas contrato programa

Información ao PDI

31-03-2025 ata: 31-03-2025

Estimado profesorado,

Comunicamos que na COAP de hoxe luns 31 de marzo terá lugar o sorteo público dos tribunais das prazas pertencentes ao contrato programa e unha praza de titular de universidade correspondente á OPE 2023

Poderá seguirse o sorteo a partires das 12:00 h a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116

No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” coa seguinte: 1KxVHD. Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e seguiranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando a presidenta así o solicite, unicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada persoa.

Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.