Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Partido UEFA Women´s Nation League

Información xeral

31-03-2025 ata: 08-04-2025

A Real Federación Española de Fútbol ofrece un desconto de até o 50 % nas entradas para o partido da UEFA Women´s Nation League que disputará a selección española no estadio de Balaídos o 8 de abril. Non é preciso ser membro da comunidade universitaria, so fai falta seguir estes pasos:
1. Accede a https://tickets.rfef.es e selecciona o partido España-Portugal (UEFA Women´s Nations League) ou directamente pulsando aquí 

2. Elixe as túas entradas nas zonas de Tribuna, Río ou Marcador (até un máximo de 6).

3. Engade o código 50XCVUVIGO no apartado “Tes algunha promoción?”.

4. Comproba que se che aplicou correctamente a promoción, ou selecciona manualmente as entradas sobre as que queres aplicar a bonificación se non o fixo automaticamente e realiza o pago.

5. Recibirás as túas entradas na APP RFEF Tickets. Se é a primeira vez que a usas enviaránseche as instrucións para que te poidas identificar.

Promoción limitada, non acumulable a outros descontos ou promocións. Aplicable nas zonas de Tribuna, Río ou Marcador até esgotar a cabida destinada á mesma. Gastos de xestión non incluídos.