Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Dende a Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica facemos un chamamento ao profesorado asociado acreditado a PCD/PPL para que nos faga chegar a súa acreditación, en aras de ter unha estimación da porcentaxe de acreditados/as deste colectivo.
Pregamos que se envíe esta documentación antes do venres 4 de abril de 2025 utilizando o procedemento de instancia xenérica da sede electrónica da Uvigo.
Un cordial saúdo
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595