Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recoñecemento médico para o persoal da EE Telecomunicación, EE Minas e Enerxía e Taller Valadares
Prevención de riscos laborais
24-03-2025 ata: 31-03-2025Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal dos seguintes centros:
- E. E. de Telecomunicación
- E. E. de Minas e Enerxía
- Taller de Valadares
A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly).
TODO O QUE NECESITA SABER PARA PEDIR A CITA
- Prazo para pedir cita: do 24/03/2025 ao 31/03/2025
- Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Vixilancia da Saúde (Edificio Filomena Dato, planta baixa)
- Guía para solicitar cita a través da web https://cutt.ly/9n2w2vH
- Cita: solicitar en CUALTIS (Vitaly) https://tinyurl.com/2aapkbqm
- Instrucións previas á súa cita https://cutt.ly/pn2w4K7
- Bote para a recollida da mostra de urina: na conserxaría do seu centro
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao SPRL teléfono 986 814 088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.gal
No caso de que precise cambiar a cita, unha vez finalizado o prazo de solicitude para a analítica a través da web, ou a concertada para o recoñecemento médico, debe chamar ao teléfono da enfermería 986 813 451.
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814 088.
Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.