Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xa se pode escoitar o quinto episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.
Neste episodio de SONUVigo achegarémonos ao Vigo Quantum Communication Center para descubrir o traballo do seu persoal investigador no ámbito das comunicacións cuánticas. Afondaremos no I Plan de Internacionalización da UVigo e coñeceremos a realidade da incorporación dos mozos e mozas extutelados aos estudos universitarios e como a UVigo é a primeira do SUG en establecer medidas de apoio a este colectivo. Outros temas que trataremos neste episodio son: o convenio asinado entre a Universidade de Vigo e o Real Club Celta de Vigo para desenvolver novos traballos arqueolóxicos nos terreos de Afouteza; o futuro do CEUVI, logo da elección do seu novo presidente; e os detalles das eleccións a representantes da Xunta de PTXAS Funcionario.
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222