Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Un futuro para a infancia e Escola para todos

Información voluntariado

13-03-2025

Informamos que o proxecto de voluntariado "Un futuro para a infancia (Vigo) e Escola para todos (Pontevedra)" de Cooperación Internacional ONG, precisa persoas voluntarias, durante o curso 2024/2025.

O obxectivo deste proxecto é  promover o desenvolvemento socioeducativo integral dos menores en risco de exclusión,  o desenvolvemento de competencias que fomenten hábitos de vida saudable, a inclusión social e participación infantil e xuvenil, a través de actividades de reforzo educativo, de accións de prevención e intervención complementarias e de tempo libre e sociais.

Lugar  de realización: 

. Estudantes de Vigo: IES de Teis, Avenida de Galicia 101, Teis (Vigo)
. Estudantes de Pontevedra: Casa Azul, Rúa Sor Lucía 4,  Pontevedra