Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Scopus: I Ciclo de formación en liña (11-27 de marzo de 2025)
Biblioteca
13-03-2025 ata: 28-03-2025Entre o 19 e o 21 de marzo de 2025 terá lugar a primeira parte do I Ciclo de Formación en liña Scopus, organizado pola FECYT en colaboración con Elsevier. As xornadas son gratuítas e en español. Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.
Do 19 ao 21 de marzo a formación está estruturada en tres sesións distintas e independentes entre si, que se repiten en quenda de mañá e tarde para facilitar a asistencia:
Mércores, 19 de marzo. Introdución a Scopus e primeiras buscas
Inscrición nas dúas sesións: ás 10 e ás 15 h
Xoves, 20 de marzo. Scopus: busca e análise de resultados
Inscrición nas dúas sesións: ás 10 e ás 15 h
Vernes, 21 de marzo. Scopus: busca avanzada
Inscrición nas dúas sesións: ás 10 e ás 15 h
Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/i-ciclo-formacion-online-scopus-19-27-de-marzo-de-2025
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Teléfono 986 813843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo