Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatorias de acreditación do nivel de lingua inglesa

Internacionalización

10-03-2025 ata: 31-12-2025

Prezado estudantado, PDI e PTXAS:

Dende a Vicerreitoría de Internacionalización informamos das próximas convocatorias de acreditación do nivel de lingua inglesa en convocatoria libre:

Exames TOEFL 2025:

  • 7 de xuño, 15 de setembro, 15 de novembro e 13 de decembro.

Exames Certacles:

  • 21 de maio (C1) , 22 de maio (B2) e 21 de maio (B1).

Tamén está prevista unha convocatoria de exames Certacles para finais de outubro nos niveis B1 e B2, aínda que as datas exactas están pendentes de confirmación.

Para calquera dúbida ou consulta, pode contactar co Centro de Linguas a través do correo electrónico centrodelinguas@uvigo.gal ou por teléfono/WhatsApp no 681 944 266.