Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

MODIFICACIÓN PROGRAMAS DOUTORAMENTO CURSO 2026-2027

Información xeral

05-03-2025 ata: 21-03-2025

Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2026-2027 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2026/2027 (aprobado no Consello de Goberno do 27/09/2024).

Comunícase que están publicadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as memorias iniciais para a modificación substancial dos seguintes programas de doutoramento:

 

MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS:

  • Programa de doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial
  • Programa de doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
  • Programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada
  • Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
  • Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química
  • Programa de doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
  • Programa de doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento
  • Programa de doutoramento en Comunicación
  • Programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea
  • Programa de doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sustentable
  • Programa de doutoramento en Ecosistemas Terrestres
  • Programa de doutoramento en Educación, Deporte e Saúde
  • Programa de doutoramento en Enxeñaría Química
  • Programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación
  • Programa de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa
  • Programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
  • Programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos
  • Programa de doutoramento en Estudos Literarios
  • Programa de doutoramento en Física Aplicada
  • Programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión
  • Programa de doutoramento en Matemáticas e Aplicacións
  • Programa de doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
  • Programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas
  • Programa de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica
  • Programa de doutoramento en Ordenación Xurídica do Mercado
  • Programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural
  • Programa de doutoramento en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables
  • Programa de doutoramento en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
  • Programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
  • Programa de doutoramento en Tradución e Paratradución
  • Programa de doutoramento en Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica 

As memoria iniciais poden consultarse na páxina web no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/ IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando titulación doutoramento  e pinchando no curso 2026/2027.

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions 

O prazo de alegacións remata o vindeiro día 21 de marzo de 2025.

As alegacións pódense presentar no seguinte correo electrónico: eido.verifica@uvigo.es

 

Para calquera dúbida, poden dirixirse ao seguinte teléfono e correo electrónico:

Para máster e programas de doutoramento:

verifica@uvigo.es

Tlf.: 986 130 283