Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento: Proclamación provisional de candidaturas
Información xeral
25-02-2025Bo día,
De acordo co calendario electoral, hoxe martes, 25 de febreiro de 2025 publicouse no taboleiro electrónico oficial a proclamación provisional de candidaturas. Poden consultarse na seguinte ligazón: Detalles da publicación
O prazo de reclamación abrangue dende o 26 ao 28 de febreiro de 2025 (ambos inclusive).
Neste período as persoas candidatas, proclamadas ou non, poderán presentar ante a Comisión Electoral un escrito razoado de reclamación ou renuncia.
A presentación realizarase a través da sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase na seguinte ligazón e estará operativo a partir do mércores, 26 de febreiro de 2025: SXER - Reclamación á proclamación provisoria de candidaturas: Eleccións representantes de estudantes – Consellos de Departamento.
Toda a información e a documentación relacionada cos ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en:
Eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento: https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia/eleccions-aos-consellos-departamento