Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bo día,
En aplicación do previsto no artigo 108.3 do Regulamento do IRPF, a Universidade de Vigo expediu as certificacións correspondentes ás retencións practicadas e ingresos a conta e demais datos necesarios aos efectos da declaración anual do IRPF do persoal vinculado coa Universidade.
O persoal poderá obter e imprimir o seu certificado de retencións e ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (segundo modelo 190) correspondente ao exercicio 2024 na Secretaria Virtual e accedendo á consulta do certificado da renda exercicio 2024.
- xerencia@uvigo.gal
- +34 986 813 560