Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recoñecemento médico para o persoal do Campus de Ourense
Prevención de riscos laborais
20-02-2025 ata: 26-02-2025Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal do Campus de Ourense.
A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo CUALTIS (Vitaly).
TODO O QUE NECESITA SABER PARA PEDIR A CITA
- Prazo para pedir cita: do 20/02/2025 ao 26/02/2025
- Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: na clínica de CUALTIS (Vitaly) Rúa/ Nova, 9-11 baixo
- Guía para solicitar cita a través da web https://cutt.ly/9n2w2vH
- Cita: solicitar en CUALTIS (Vitaly) https://tinyurl.com/2d3a34rw
- Instrucións previas á súa cita https://cutt.ly/pn2w4K7
- Bote para a recollida da mostra de urina: na conserxaría do seu centro
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao SPRL teléfono 986 814 088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.gal
No caso de que precise cambiar a cita, unha vez finalizado o prazo de solicitude para a analítica a través da web, ou a concertada para o recoñecemento médico, debe chamar ao teléfono da clínica 988 392 820.
Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814 088.
Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión do traballo sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.