Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

OPI-Educación: Obradoiro: Elaboración e xestión de proxectos financiados pola UE no contexto dixital

Obradoiros

18-02-2025 ata: 18-02-2029

Bos días,

A Oficina de Proxectos Internacionais informa de que no marco da Cátedra Jean Monnet 'Institucións Europeas e Cidadanía: adaptando a Unión Europea aos desafíos da Dixitalización' (EICAEUD), levarase a cabo o Obradoiro: "Elaboración e xestión de proxectos financiados pola Unión Europea no contexto dixital" (3ª Edición). Esta actividade gratuíta desenvolverase de forma virtual os días 25 e 27 de febreiro de 2025, en horario de 16:00 a 18:30 horas, a través do campus remoto da Universidade de Vigo.

Obxectivo:  iniciación dos participantes á elaboración e xestión de proxectos de convocatorias promovidas pola Unión Europea.

Contidos:

  1. Introdución: Unión Europea e políticas públicas.
  2. Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
  3. Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
  4. Como elaborar e presentar unha proposta europea.
  5. Consideracións finais: recomendacións e consellos.

Destinatarios: estudantes universitarios, empregados públicos e público interesado, en xeral.

Impartido por:  Celso Cancela Outeda, Profesor titular de Ciencia Política e da Administración, coordinador da Cátedra Jean Monnet EICAEUD, e Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación, Universidade de Vigo.

Aula virtual: campus Remoto da Universidade de Vigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública. https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772

Inscrición e máis información: a través da plataforma Bubela en: bubela.uvigo.es e na páxina web da OPI-xornadas formativas: https://opi.uvigo.gal/area-educacion/xornadas-formativas-propias/

Un cordial saúdo,

Eva Garea Oya 
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación
Oficina de Proxectos Internacionais