Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión en liña sobre Mendeley Reference Manager (25 de febreiro)

Biblioteca

19-02-2025 ata: 26-02-2025

O vindeiro martes 25 de febreiro vai ter lugar unha sesión en liña organizada e impartida por Elsevier, sobre o xestor de referencias Mendeley Reference Manager.

Mendeley é un xestor de referencias que permite almacenar, organizar, anotar, compartir e citar referencias e datos de investigación.

Detalles da sesión

Simplifica tu flujo de trabajo y acelera tu investigación con Mendeley
Data: 25 de febrero de 2025
Hora: 11 h
Duración: 60 minutos
Inscrición

Máis información sobre este e outros xestores bibliográficos na Biblioguía da Biblioteca da Universidade de Vigo: Xestores bibliográficos

Para calquera dúbida diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo