Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento: Censo definitivo
Información xeral
03-02-2025Bo día,
Advertidos erros na publicación do censo definitivo de estudantes de 3º ciclo para as eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento que se realizou o 14 de febreiro de 2025 (Detalles da publicación) se procedeu a súa corrección.
Está publicada no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo unha corrección de erros co censo definitivo de estudantes de 3º ciclo: Detalles da publicación
Prazo de presentación de candidatura
O prazo para presentar candidaturas estará aberto do 17 ao 19 de febreiro de 2025 (ambos inclusive).
A presentación realizarase a través da sede electrónica ou presencialmente nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus. O procedemento en sede atópase na seguinte ligazón e estará operativo a partir de hoxe luns, 17 de febreiro de 2025: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/31091172
Orde das persoas candidatas nas papeletas oficiais de votación: a 1ª letra D e a 2º letra O resultaron elixidas no sorteo da comisión electoral do 14 de febreiro de 2025 (art. 9.2º f do REX)
Toda a información e a documentación relacionada cos ditos procesos electorais estará dispoñible tamén na web da Uvigo, en:
- Eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento: https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia/eleccions-aos-consellos-departamento