Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Dirixido a todo o PDI da Universidade de Vigo:
Unha vez volcada na Secretaría Virtual a carga docente básica do PDI, os cargos de xestión, as desgravacións por representación sindical, así como os recoñecementos por TFG, TFM, Teses de Doutoramento, proxectos (europeos e nacionais), e a coordinación e impartición de docencia de doutoramento, pregamos a tódolos docentes da Universidade de Vigo que revisen os recoñecementos incluidos e envíen á dirección de correo soporte.rec@uvigo.gal as posibles alegacións que consideren necesarias.
Nos vindeiros días volcaremos os recoñecementos por impartición de docencia en galego, en inglés, por asumir horas de docencia a maiores no curso 2024/25, por atención a estudantes con discapacidade e por actividades recoñecidas polos centros e mestrados.
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595