Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Lanzamento dunha nova edición do programa One2One en inglés, português e francés
Internacionalización
11-02-2025 ata: 31-07-2025Prezada comunidade universitaria:
Comprácenos anunciar que a Vicerreitoría de Internacionalización lanza unha nova edición do programa One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête, e nesta ocasión contamos cunha importante novidade: ademais do inglés e do portugués, que tivo moito éxito na última edición, este ano tamén ofreceremos a opción de practicar francés.
Gustaríanos lembrar que o programa One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête é unha actividade financiada e sen custo, que ten como obxectivo mellorar as habilidades de expresión, mediación e interacción oral en inglés, portugués e francés. A través de sesións individuais con profesorado do Centro de Linguas (CdL), estudantes, docentes e PTXAS poderán perfeccionar o seu dominio destes idiomas en contextos formais e informais.
Poderán traballar diversos aspectos, como a preparación dunha presentación para un evento científico, a defensa do TFG ou TFM en lingua estranxeira ou simplemente gozar dunha conversa informal para mellorar a fluidez.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse no seguinte enlace:
Ligazón English One2One: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/ingles/
Ligazón Portugués Frente a frente: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/portugues/
Ligazón Francés Tête-à-tête: https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/cursos-por-idiomas/outras-linguas/
Participade nesta nova edición e mellorade as vosas competencias lingüísticas co One2One/ Frente a frente /Tête-à-tête
Un e-saúdo dende a Vicerreitoría de Internacionalización
- One2One inglés [4242.89 Kbytes]
- Frente a frente portugués [4467.82 Kbytes]
- Tete-a-tete francés [3632.84 Kbytes]
- internacional@uvigo.gal
- +34 986 813587