Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Europa Creativa_Convocatoria Proxectos Europeos de Cooperación 2025

Información ao PDI

07-02-2025 ata: 07-02-2026

Prezado PDI:

Programa Europa Creativa abriu a súa convocatoria de Proxectos Europeos de Cooperación 2025 destinada a apoiar iniciativas transnacionais sen ánimo de lucro nos sectores cultural e creativo, como artes visuais, artes escénicas, arquitectura, deseño, moda, música, literatura e patrimonio.

- Obxectivos da convocatoria:

O1: Reforzar a creación e circulación transnacionais de obras e artistas europeos. As propostas deben ter en conta o contexto actual, incluíndo cuestións de saúde e ambientais e integrar formas innovadoras, especialmente dixitais, de producir e difundir contido.

O2: Mellorar a capacidade dos sectores culturais e creativos para promover  talento, innovar, prosperar e xerar emprego e crecemento. Financiaranse proxectos que impulsen a innovación e fortalezan a competitividade destes sectores. 

Promoverase a participación de organizacións de todos os tamaños e de diferentes países para levar a cabo actividades sectoriais ou intersectoriais. Espérase que as propostas presenten unha dimensión clara de cooperación transfronteiriza xa que este é o núcleo dos Proxectos de Cooperación. Esta convocatoria está ancorada no marco político da vertente Cultura do Programa Europa Creativa e nas Prioridades xerais da UE: ecoloxización, inclusión e igualdade de xénero, transición dixital e relacións internacionais.

- Prioridades da convocatoria:

As propostas deben abordar ata dúas das seguintes prioridades:

Esta convocatoria está aberta a todos os sectores culturais e creativos. Non obstante, quedan fóra do ámbito de aplicación os proxectos nos que participen exclusivamente entidades do sector audiovisual.

Esta convocatoria inclúe tres escalas:

*Proxectos de Cooperación a Pequena Escala (CREA-CULT-2025-COOP-1)
       Mínimo 3 entidades de 3 países elixibles
       Financiamento: ata 200.000€ (80% do orzamento)
       Ideais para organizacións emerxentes e propostas innovadoras.

*Proxectos de Cooperación a Mediana Escala (CREA-CULT-2025-COOP-2)    
      Mínimo 5 entidades de 5 países elixibles
      Financiamento: ata 1.000.000€ (70% do orzamento)
      Para iniciativas consolidadas cun forte impacto transnacional.

*Proyectos de Cooperación a Gran Escala  (CREA-CULT-2025-COOP-3)
      Mínimo 10 entidades de 10 países elixibles
      Financiamento: ata 2.000.000€ (60% do orzamento)
      Dirixidos a grandes consorcios que fomenten a circulación e visibilidade da cultura europea.

- Actividades subvencionables:

As propostas deben incorporar actividades que se aliñen cos obxectivos da convocatoria, agrupadas en paquetes de traballo coherentes. Dependendo do enfoque do proxecto (coprodución, cooperación, experimentación, innovación, etc.), as actividades poden variar. Na sección 10 da Convocatoria de propostas atoparán exemplos de paquetes de traballo, actividades e resultados esperados.
 
Para máis información e acceso aos documentos mencionados recoméndase consultar a convocatoria oficial dispoñible no portal de Europa Creativa ou no EU Funding & Tenders Portal

-Sesións informativas de interese para esta convocatoria:

      Webinario Convocatoria Proxectos de Cooperación 2025 | 19/12/2024

      Capacitación sobre a elaboración de orzamentos | 30/01/2025 (11:30-13:00 CET)

Máis información sobre outras convocatorias, eventos e oportunidades na web da OPI-área educativa: www.opi.uvigo.gal

O PDI interesado en presentar unha proposta no marco desta convocatoria do programa Europa Creativa pode contactar coa OPI-área educativa no e-mail: dir.edu.opi@uvigo.gal.

Un saúdo moi cordial,

Eva Garea Oya
Directora de Área de Proxectos Internacionais Educativos

Oficina de Proxectos Internacionais