Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Novas sesións do I Ciclo Formación en liña Web of Science (11 e 12 de febreiro de 2025)
Biblioteca
05-02-2025 ata: 13-02-2025O 11 e o 12 de febreiro terán lugar novas sesións do I Ciclo de Formación en liña de Web of Science (WOS), que organiza a Fecyt en colaboración con Clarivate. Estas sesións, de 60 minutos de duración, están dirixidas ao persoal investigador que xa coñece o funcionamento desta base de datos.
Datas e contidos das sesións
Martes, 11 de febrero de 14:00-15:00h:
Identificar centros e áreas de excelencia con Essential Science Indicators (nivel avanzado)
- Interpretar varios indicadores de impacto académico
- Identificar os centros e/ou as áreas co mellor impacto académico
- Descubrir temas emerxentes de investigación cos Research Fronts
Miércoles, 12 de febrero de 14:00-15:00h:
Que hay de novo en Web of Science? (nivel avanzado)
- Panorámica das novas funcionalidades implementadas durante os 6 últimos meses
Información e rexistro: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/i-ciclo-formacion-online-web-science-21-23-de-enero-de-2025
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal