Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Listaxes provisionais das axudas do Fondo Social 2022
Información xeral
06-02-2025 ata: 20-02-2025Con data 6 de febreiro de 2025 publícase no taboleiro electrónico oficial a Resolución Reitoral de 4 de febreiro de 2025 pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria correspondente ás axudas do Fondo Social 2022.
Cada participante poderá consultar o resultado da súa solicitude, tal e como indica a base duodécima da convocatoria, na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (https://secretaria.uvigo.gal).
O prazo para a subsanación de erros e emenda de defectos é do 7 ao 20 de febreiro de 2025.
A corrección de erros ou emendas deberá presentarse na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través do procedemento SXER - Emenda e mellora da solicitude, achegando a documentación xustificativa.
- Resolución lista provisional de admitidos e excluidos [218.82 Kbytes]
- ANEXO I. SOLICITUDE DE AXUDAS DO FONDO SOCIAL 2022 [397.1 Kbytes]
- ANEXO II. INFORMACIÓN E COMPROBACIÓN DE DATOS FONDO SOCIAL 2022 [317.9 Kbytes]
- consultanomina@uvigo.gal
- +34 986 813 578