Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

XV Curso de Especialización Comunicar para o cambio

Seminarios e conferencias

11-02-2025 ata: 09-04-2025

XV Curso de Especialización Comunicar para o cambio

Informámosvos desta  proposta formativa impulsada por AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) cunha traxectoria de 15 anos de experiencia, e institución gañadora dun dos  premios UVigo_Humana no ano 2023. Esta asociación procura achegar a comunicación para o cambio social a tódalas persoas que teñan interese nesta rama.

O curso conta con 12 sesións teórico-prácticas lideradas por profesionais do sector que traballan temáticas como o discurso do odio por razón de raza, xénero e/ou orientación sexual, o tratamento das migracións en medios e redes e a divulgación e activismo ambiental; e cun módulo práctico posterior en terreo ao que poden acceder as dúas persoas que mellores traballos presenten durante o ciclo.

Duración entre o 11/02 e o 09/04 

Todos os martes e un mércores cada 15 días de 15h a 19h (48 horas)

Lugar de impartición:

Pontevedra (Facultade de Comunicación) ou en liña

Mais información e inscrición:

O prazo de inscrición está aberto ate día 31 de xaneiro.

https://www.agareso.org/es/curso-de-especializacion-comunicar-para-o-cambio-2/

accion.social@agareso.org