Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Episodio 3 de SONUVigo

Información xeral

20-01-2025 ata: 20-01-2026

Xa se pode escoitar o terceiro episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Insitucionais. 

A Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo cumpre 25 anos do cambio da súa denominación, daquela Facultade de Humanidades, e do pasado, presente e futuro deste centro falaremos con membros da súa comunidade. Viaxaremos ata as illas dos Azores e a Roma da man do noso alumnado e coñeceremos as investigadoras María Shantal Rodríguez e María Talavera, beneficiarias do Plan de Retención de Talento da UVigo. Un episodio no que tamén debullaremos os plans do novo director da Área de Normalización Lingüística e nos achegaremos ao mundo da oratoria co equipo campión de España de debate, a Asociación de Debate Retórica da UVigo.