Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Prazo de preinscrición aberto no curso Prevención e xestión do estrés

Formación de Profesorado

10-01-2025 ata: 03-02-2025

Lembrámoslle que está aberto o prazo de preinscrición no curso Prevención e xestión do estrés do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo.
Trátase dun curso de 12 horas que se impartirá en modalidade virtual síncrona.

Calendario:
Desenvolverase os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro de 10 a 13 horas.

Pode consultar o programa aquí.

Pode consultar as instrucións para darse de alta na formación a través da plataforma SIGMA aquí.