Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Aviso importante sobre os acordos para publicar en acceso aberto

Información ao PDI

09-01-2025

Infórmase ao persoal investigador que a vixencia dos acordos editoriais (acordos transformativos) asinados por CRUE-CSIC, nos que participa a UVigo, rematou o pasado 31 de decembro de 2024.  Na actualidade a CRUE está a negociar a renovación dos acordos coas editoriais Elsevier, American Chemical Society (ACS), Springer e Wiley polo que, ata novo aviso, non se poden tramitar propostas de publicación en aberto nas revistas das devanditas editoriais.  Unha vez rematen as negociacións e se asinen os novos acordos, informarase á comunidade investigadora e abrirase o prazo para solicitar o financiamento para publicar artigos en acceso aberto a través deses acordos.

 

Biblioteca Central Campus Vigo
Teléfono: (+34) 986 813 851
accesoabertoacordos@uvigo.gal