Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sexenios investigación 2024 - PDI dos corpos de funcionarios docentes

Información ao PDI

24-12-2024 ata: 24-05-2025

Por Resolución de 11 de decembro de 2024, da Secretaría General de Universidades, apróbase a convocatoria de avaliación da actividade investigadora do PDI dos corpos de funcionarios docentes, pola que se fixan o procedemento e mailo prazo de presentación de solicitudes.

Pode acceder ao texto completo no BOE de 24 de decembro de 2024.

OBSERVACIÓNS DE INTERESE:

1. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da ANECA: https://aneca.sede.gob.es/ 

2. O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2025.

3. Consonte co indicado na base 5.3.d), a folla de servizos deberá ser de data posterior ao 24 de decembro de 2024.

4. Os criterios específicos aprobados para cada un dos campos de avaliación regúlanse na Resolución do 9 de decembro de 2024, da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (BOE do 19).