Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sesión informativa virtual sobre fontes de información para sexenios (10 de xaneiro de 2025)

Biblioteca

20-12-2024 ata: 11-01-2025

A Biblioteca da Universidade de Vigo ofrece unha sesión informativa virtual sobre as fontes de información para a preparación da solicitude de sexenios na convocatoria de 2024.

  • Día: venres 10 de xaneiro de 2025
  • Hora: 11:00
  • Lugar: sala número 1 da Biblioteca no Campus Remoto
  • Contrasinal de acceso: Luph9jLs (acceso estudantado)

O obxectivo da sesión é axudar ao profesorado a localizar algúns dos indicios de calidade das publicacións que están incluídos nos criterios da convocatoria de sexenios de 2024. A sesión será gravada, e será publicada a gravación por este medio, para que a poidan visualizar as persoas que non poidan asistir. Non é necesaria inscrición previa.

Contidos:

  • Sexenios 2024: novidades e baremo
  • Impacto científico, impacto social e contribución á ciencia aberta
  • Exemplos

Para máis información, consulta as nosas biblioguías:
- Sexenios CNEAI
- Revistas científicas: calidade e índices
- Biblioguías de apoio á investigación

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@biblio_uvigo