Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xa se pode escoitar o segundo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, no que as e os protagonistas sodes todas as persoas que formades a comunidade universitaria e todas aquelas que queredes descubrir como é a nosa institución académica.
Neste episodio conversamos con Manuel Reigosa, o reitor da Universidade de Vigo, sobre os orzamentos para o vindeiro ano 2025; a situación e os plans de futuro para o persoal docente e investigador (PDI) ou para o persoal técnico e de xestión de administración e servizos (PTXAS); así como sobre infraestruturas, titulacións ou as vindeiras eleccións á Reitoría. Pero tamén aproveitaremos, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, para preguntarlle ao reitor da UVigo que lle pide a Papa Noel e aos Reis Magos e cales son os seus desexos para o ano novo.
Grazas por escoitar SONUVigo.
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222