Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Axudas Ramón y Cajal 2024_Procedemento interno para ofertar perfís de prazas
Recursos Humanos de I+D
11-12-2024O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades vén de publicar (BOE 6/12/2024) a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2024, das axudas Ramón y Cajal no marco do Programa Estatal de Recursos Humanos do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027.
O prazo para presentar unha declaración de interese en ofertar perfís de praza remata o 10 de xaneiro de 2025 ás 14.00 horas. Deberá seguirse o procedemento interno que se pode consultar no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1481
- seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal
- +34 986 813 599