Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xornadas Informativas: Novas Oportunidades de Financiamento Europeo 2025 Proxectos Educativos Innovadores
Información ao PDI
03-12-2024 ata: 20-06-2025Desde a Oficina de Proxectos Internacionais-Área Educativa (OPI), temos o pracer de convidarvos ás xornadas informativas "Novas oportunidades de financiamento europeo 2025: proxectos educativos innovadores" onde se presentarán as novidades das convocatorias de proxectos Erasmus+ 2025 e Europa Creativa incluíndo oportunidades para captar financiamento, accións específicas e cambios relevantes nas novas convocatorias.
Datas e lugares:
- 11 de decembro: Campus de Ourense: Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial, 12.30-14.30h.
- 12 de decembro: Campus de Vigo: Aula de Grao da Escola de Enxeñaría Industrial, 09.30-11.15h. Campus de Pontevedra: Seminario 13, Facultade de Comunicación, 12.30-14.30h.
Modalidade: híbrida (presencial e virtual).
PROGRAMA
11 de decembro - Campus de Ourense. Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial.
Virtual: Sala OPI Docencia: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/220355598
(as claves de acceso ao campus remoto serán enviadas unha vez formalizada a inscrición).
- 12.30 - 12.40. Apertura da xornada: Javier Rodríguez Rajo, Vicerreitor do Campus de Ourense. Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 12.40 - 13.00. Novidades nas convocatorias europeas de proxectos Erasmus+ 2025 e calendario de presentación de propostas: KA2, KA3 e Jean Monnet. Novas convocatorias do Programa Europa Creativa. Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 13.00 - 13.40. Erasmus+ Capacity Building no ámbito da Educación Superior (CBHE). Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI). Boas prácticas en proxectos CBHE, o Proxecto “Tecbiofood”. Elena Martínez Carballo, Coordinadora do proxecto na UVigo.
- 13.40 - 14.00. Erasmus+ Accións Jean Monnet no ámbito da educación superior. Diego Fernández Sevilla, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Ourense).
- 14.00 - 14.15. Erasmus+ Asociacións para a Excelencia: Erasmus Mundus. Diego Fernández Sevilla, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Ourense).
- 14.15 - 14.30. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusións.
12 de decembro - Campus de Vigo. Escola de Enxeñaría Industrial, Aula de Grao da EEI.
Virtual: Sala OPI Docencia: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/220355598
- 09.30 - 09.45. Apertura da xornada: María Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación, Transparencia e Innovación. Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 09.45 - 10.00. Novidades nas convocatorias europeas de proxectos Erasmus+ 2025 e calendario de presentación de propostas KA2, KA3 e Jean Monnet. Novas convocatorias do Programa Europa Creativa: Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 10.00 - 10.15. Erasmus+ KA2 Alianzas para a Innovación. Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 10.15 - 10.30. Erasmus+ Capacity Building no ámbito da Educación e Formación Profesionais (CB VET). Elisabet López Regueira, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI Vigo).
- 10.30 - 10.45. Erasmus + KA2 Asociacións para a Excelencia: Centros de Excelencia Profesionais (CoVE). Lorena Diana Gatea, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI Vigo).
- 10.45 - 11.00. Erasmus+ Asociacións para a Excelencia: Teachers Academies. Lorena Diana Gatea, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI Vigo).
- 11.00 - 11.15. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusións.
12 de decembro - Campus de Pontevedra. Facultade de Comunicación, Seminario 13. Virtual: Sala OPI Docencia - https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/220355598
- 12.30 - 12.40. Apertura da xornada: Eva María Lantarón Caeiro, Vicerreitora do Campus de Pontevedra. Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 12.40 - 13.00. Novidades nas convocatorias de proxectos Erasmus+ 2025 e calendario de presentación de propostas KA2, KA3 e Jean Monnet. Novas convocatorias do Europa Creativa. Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación (OPI).
- 13.00 - 13.30. KA2 Asociacións para a cooperación: Asociacións de Cooperación. Asociacións a pequena escala. Lorena Diana Gatea, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación (OPI Vigo).
- 13.30 - 13.45. Erasmus+ Sports. Asociacións de Cooperación, Asociacións a pequena escala, Capacity Buiding Sports. Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro. Alberto Rellán López, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Pontevedra).
- 13.45 - 14.15. Programa Europa Creativa. Convocatorias Innovation Lab e Media Literacy. Alberto Rellán López, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación (OPI Pontevedra).
- 14.14 - 14.30. Peche da xornada: preguntas, comentarios e conclusións.
Durante estas xornadas, os relatores abordarán en detalle as características das accións Erasmus+ 2025 e Europa Creativa con datas de peche da maioría das convocatorias entre febreiro e marzo de 2025.
Inscricións: para paticipar na xornada, recoméndase realizar a inscrición a través do seguinte formulario
Entregarase certificado de asistencia.
O programa completo da xornada está tamén dispoñible na páxina web da OPI, na sección “Área Educativa”, dentro do apartado "Xornadas formativas propias”.
Agardamos que estas xornadas sexan do voso interese. Moitas grazas pola vosa participación.
Un cordial saúdo,
- opi@uvigo.gal
- +34 986 130 287